Clausurado o ‘Campamento Conciliación Malpica’

Cedida.

O campamento levouse a cabo desde o 16 de agosto ata o 6 de setembro no Centro Cívico de Malpica. De luns a venres, un grupo de 30 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos participaron en diversas actividades como obradoiros sobre o medio ambiente con “Limpocean”, manualidades e excursións.

Este martes a rapazada gozou de talleres con actividades coma globofexia ou un taller para pintar a cara, entre outros.

O alcalde de Malpica, Eduardo  Parga e a concelleira de igualdade, participaron na clausura do Campamento e entregáronlle agasallos a todos os nenos e nenas presentes no acto.

Desde o Concello agardan que todos e todas o pasaran en grande tanto no campamento coma na clausura e repitan o ano que vén.