Clausurado o curso de limpeza de superficies e mobiliario de Íntegro

Íntegro

  • Participaron sete persoas con discapacidade e desempregadas ás que agora se lles presta apoio na busca activa de emprego

Esta semana rematou o curso de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais impartido na sede da entidade Íntegro, en Nantón (Cabana), desde o pasado 26 de xaneiro e cuns resultados «máis que satisfactorios», sinalan desde a asociación.

Un total de sete persoas con discapacidade e en situación de desemprego participaron nesta acción formativa adaptada cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) dentro no marco do Programa Operativo POISES 2014-2020. Ademais das sesións teóricas, o alumnado realizou prácticas no centro especial de emprego Máis Porvir Xestión Social de Íntegro.

Na actualidade estase desenvolvendo unha nova etapa onde se presta apoio aos estudantes de cara á busca de emprego.