O encargado de entregar os diplomas foi o propio alcalde Xosé Lois García Carballido, que comprometeuse a «seguir realizando cursos de medioambiente e xa estamos a preparar un curso de horta», matizou.
O primeiro curso de poda estivo adicado ás árbores froiteiras. No curso analizáronse primeiro os obxectivos e a plantación, planificando desde o principio de todo un marco de plantación que contemplou distintas épocas da produción de froita. Trátase de ter froita mais veces ao ano e menos cantidade e isto require unha boa planificación.
Os/as participantes aprenderon as técnicas para facer enxertos e as mellores tempadas para a poda e o que se chama modalidades de poda: poda de frutificación e poda de formación e tamén unha introdución ás ramas a eliminar, aos tratamentos fitosanitarios máis comúns e á denominada poda en verde.
O alumnado recibiu material teórico e practico para poder realizar o curso. Grazas a un veciño da parroquia a de Nemeño, os alumnos e alumnas do curso de poda municipal puideron realizar as prácticas de poda.