Clausurado o primeiro curso universitario de igualdade nas relacións laborais

1 minutes read

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou a primeira edición do Curso de Igualdade entre Mulleres e Homes nas Relacións Laborais organizado polo seu departamento co obxectivo de que sirva “como alicerce” para cimentar “o anhelo de acadar unha Galicia onde tanto as mulleres coma os homes gocen dos mesmos dereitos para exercer as súas profesións, en igualdade de condicións e de oportunidades”.

Esta formación, negociada e aprobada no seo do Diálogo Social, xurdiu co obxectivo de brindar ao tecido empresarial e sindical os coñecementos necesarios en materia de igualdade laboral, sendo este, tamén, o primeiro caso dunha Administración autonómica que impulsa unha formación deste tipo. Lorenzana aproveitou a clausura para avanzar que o ano que vén este curso terá continuidade cunha segunda edición que se impartirá en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC).