Clausurado o IV Congreso dos socialistas de Lugo

Este domingo tivo lugar a clausura do IV Congreso dos socialistas de Lugo, no que interveu o novo secretario provincial, José Tomé, que estivo acompañado do secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso. Ambos coincidiron en que Galicia “nos agarda, como agardou Portugal, Alemaña e cada vez máis países en toda a UE” nos que volveu gobernar a socialdemocracia coa “honestidade de seguir sendo fieis á nosa orixe e ao obxectivo de gobernar para a xente máis débil”. Defenderon que “nunca un xubilado teña que dubidar de ter a súa pensión, e nunca unha nai ou pai teña que temer polo futuro dos seus fillos e se terán que ir emigrados”.

Apelou á situación do PP de Madrid, logo de que a presidenta do PP denunciara que “está sufrindo acoso persoal dende hai 6 meses por parte do seu propio partido”. “Imaxinade o que pode estar sufrindo unha persoa logo de 6 anos de persecución do PP só porque quixo optar a ser presidente deste país”, en alusión a Gómez Besteiro e tamén ao ex alcalde de Lugo López Orozco e o ex alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha