O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, clausurou este venres o obradoiro de emprego, para menores de 30 anos, de Revestimentos con Pastas e Morteiros na Construción que se desenvolveu en colaboración co Concello Arteixo. Este programa contou cun apoio da Xunta de 369.000 euros financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Trenor explicou a gran utilidade deste tipo de formación porque ademáis de mellorar as capacidades para que os desempregados atopen un emprego, compleméntase con traballos nos concellos e con prácticas nas empresas da contorna. Tamén destacou o compromiso do Concello de Arteixo coa empregabilidade porque leva anos de traxectoria de formación contrastada nesta materia e consegue importantes niveis de éxito nos diferentes programas de formación que afronta.