O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, clausurou este xoves o obradoiro de emprego de Limpeza en Espazos Abertos e Instalacións Industriais. Este programa contou cun apoio da Xunta de 346.000 euros financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Cabe destacar a gran utilidade deste tipo de formación porque ademáis de mellorar as capacidades para que as persoas sen emprego atopen un traballo, complementase con tarefas nos concellos e con prácticas nas empresas da contorna. Trenor destacou o compromiso do Concello de Arteixo coa empregabilidade porque leva anos de traxectoria de formación contrastada nesta materia e consegue importantes niveis de éxito nos diferentes programas de formación que afronta.
19