Clausurado o obradoiro de emprego de Ames e Brión

0 minutes read

O obradoiro de emprego de Ames, compartido con Brión, formou a 20 desempregados  en montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas, unha área innovadora con alta demanda de profesionais. Con esta ferramenta incídese, ademais, na inserción no mercado laboral de persoas en situación de especial dificultade, entre outras, emigrantes retornadas; mulleres; vítimas de violencia de xénero; persoas que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego; paradas de longa duración; con discapacidade; maiores de 45 anos; ou traballadoras e traballadores que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?