Clausurado o obradoiro de emprego de Betanzos

1 minutes read

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na clausura do obradoiro de emprego de Betanzos compartido con Abegondo, Carral, Coirós e Paderne. Este programa contou cun apoio da Xunta de 346.000 euros financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Este tipo de formación é de gran utilidade porque, ademais de mellorar as capacidades para que as personas desempregadas atopen un emprego, compleméntase con traballos nos concellos e con prácticas nas empresas da contorna. Estes cursos de formación céntranse tamén en áreas con alta demanda de emprego, neste caso concreto en Promoción e Intervención Socioeducativa con Persoas con Discapacidade, Atención Sociosanitaria a Persoas en Domicilio e en Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais. Trenor destacou o compromiso dos concellos de Betanzos, Abegondo, Carral, Coirós e Paderne coa empregabilidade porque levan anos de traxectoria de formación contrastada nesta materia e conseguen importantes niveis de éxito nos diferentes programas de cualificación que afrontan.