Clausurado o obradoiro de Emprego de Boqueixón, Vedra e Teo

1 minutes read

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou, este xoves, na clausura do obradoiro de emprego para menores de 30 anos Empregateapp que se celebrou compartido con Vedra, Boqueixón e Teo e que estivo centrado en Programación con Linguaxes Orientados a Obxectos e Bases de Datos Relacionais. Este taller contou cun apoio da Xunta de 369.000 euros financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. No acto estivo acompañado polos alcaldes de Boqueixón, Manuel Fernández, e Vedra, Carlos Martínez e por membros da corporación de Teo. Trenor explicou a gran utilidade deste tipo de formación porque, ademáis de mellorar as capacidades para que os desempregados atopen un emprego, complementase con traballos nos concellos e con prácticas nas empresas da contorna. Tamén destacou o compromiso do concello de Teo coa empregabilidade porque levan anos de traxectoria de formación contrastada nesta materia e consegue importantes niveis de éxito nos diferentes programas de formación que afrontan.