Clausurado o obradoiro de emprego Noia-Lousame-Outes

1 minutes read

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor,  clausurou o obradoiro de emprego Noia, compartido con Lousame e Outes, que este ano formou 20 desempegados en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.

Felicitou aos profesores e aos alumnos polo resultado dos traballos realizados neste taller de formación e recalcou que “agora todos os alumnos estades mellor preparados para atopar un emprego”.

Neste senso, lembrou que os participantes combinan un contrato de formación e aprendizaxe durante 12 meses, cun contrato en prácticas nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro. “O obxectivo – incidiu – é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente nos do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?