A Asociación de Irmanamento con L´Isle Jourdain pechou o obradoiro de repostería francesa esta fin de seman no Fórum Carballo. Nesta ocasión fixeron unha viaxe ata a antiga capital de GALIA durante o imperio romano: LYON. Esta cidade é unha das máis importantes de Francia e está considerada como a capital mundial gastronómica dende 1935.
Unha xornada entretida na que ademais de coñecer historia, xeografía e curiosidades sobre Lyon as persoas participantes puxéronse coas “mans na masa” para crear unha das sobremesas máis coñecida desta cidade gala: BUGNES LYONNAISES.
PROFESIONALIDADE E PROXIMIDADE .- Esas son as palabras coas que – dende a Asociación de Irmanamento con L´Isle Jourdain – definen o labor dos reposteiros Mª Fuentes e J. Antonio Deus que guiaron a todos os participantes por este arte culinario creativo.
DECORACIÓN E SABORES .- Para pechar o obradoiro aproveitando a masa sobrante implementáronse técnicas para crear sabores e experiencias deliciosas onde cadaquén deixou voar a imaxinación para facer formas e decoracións exclusivas.
DIVERSIDADE XERACIONAL .- Dende a Asociación de Irmanamento con L´Isle Jourdain apóstase por actividades que permitan unha integración social e familiar.
Persoas de distintas idades compartindo experiencias, aprendendo, divertíndose e evolucionando xuntas. Nese senso ofrécese un abano de posibilidades culturais para que medrar en sociedade e cultivar as relacións interxeracionais dentro e fóra da familia.