Clausurados dous cursos en Coristanco


Este venres 13 de decembro, tivo  lugar o peche dos cursos de informática, mecanografía e manexo de smartphone realizados no Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco. Nestes talleres, os cales se viñeron impartindo dende o mes de outubro, tratáronse temáticas diversas como a iniciación a informática, a creación e deseño de documentos de texo, o retoque fotográfico e diversas presentaciós dixitais. Máis de un centenar de persoas poideron desfrutar destas sesións formativas, que voltarán novamente en febreiro con novas listaxes de inscrición.