Clausurados os campamentos  de verán de Laxe con máis de 150 de participantes

Laxe clausurou a terceira e última quenda dos campamentos deportivos de verán organizados polo Concello. Desde o mes de xuño leváronse a cabo un total de seis campamentos cunha asistencia de máis de 150 nenos e nenas. O último deste período estival, enmarcado no programa ‘PequeCampamento’ de D’Troula, iniciará a súa última quenda o 19 de agosto. Desde a organización sinalan que as inscricións poden formalizarse ata o día 16 chamando ao 697 25 54 22 ou enviando un correo a mabi-peque@hotmail.com.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha