31
- En totalprogramáronse catro quendas para os campamentos de tempo libre e as actividades acuáticas
O Concello de Camariñas clausurou os seus campamentos deportivos de verán cun gran éxito de participación. Arredor de 200 nenos participaron en actividades acuáticas e obradoiros de tempo libre en catro quendas, desde o 5 de xullo ata este luns, 30 de agosto.
Entre as actividades realizadas atópanse a iniciación ao windsurf, ioga infantil, kaiak, vela, educación medio ambiental, paddle surf ou a recollida de lixo.