Clausurados os obradoiros de emprego da Mancomunidade de Ordes

1 minutes read

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, clausurou os obradoiros de emprego “Brañas do Illó Río Samo IV”, promovido polos concellos de Ordes, Frades e Mesia; e o obradoiro de emprego “Mancomunidade Ordes II”, nos que este ano se formaron un total de 40 persoas desempregadas. Un acto no que estivo acompañado polos alcaldes de Frades, Roberto Rey; Ordes, José Luis Martínez; Mesía, Mariano Iglesias; Cerceda, Juan Manuel Rodríguez; e Tordoia, Eduardo Antonio Pereiro, así como pola presidenta da Mancomunidade, Susana García.

Trenor felicitou aos profesores e aos alumnos polo resultado dos traballos realizados neste taller de formación e recalcou que “agora todos os alumnos estades mellor preparados para atopar un emprego”. Grazas a un investimento de 1 millón de euros entre os dous talleres, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade permitiu a formación de 40 alumnos-traballadores. Estas accións brindan oportunidades aos seus beneficiarios ao abrirlles unha porta ao mundo laboral e contribuír a mellorar os servizos que se ofrecen nas contornas onde se celebran, puntualizou o representante do Goberno autonómico.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?