Clausurados os obradoiros de envellecemento activo en Ponteceso

Cedida

  • Un total de 36 persoas desenvolveron varias actividades na capital municipal e en Corme

Esta semana remataron os obradoiros de memoria no concello de Ponteceso, que se desenvolveron tanto na capital municipal como Corme desde o mes de abril. En total 36 personas, 18 en cada lugar, participaron en varias actividades de envellecemento activo que incluíron exercicios de mobilidade e estimulación cognitiva así como o correcto manexo de dispositivos móbiles.

Este mércores os usuarios dos obradoiros recibiron un diploma por parte do alcalde, Xosé Lois García Carballido, e a concelleira de Servicios Sociais, Noelia Varela.