Clausurados os obradoiros de memoria e arranxos florais en Malpica

Cedida

  • As sesións impartíronse tanto nas instalacións do Centro Cívico como nas da Casa do Oleiro de Buño

O Concello de Malpica clausurou este mércores os obradoiros de memoria e arranxos florais destinados a persoas maiores e con diversidade funcional. Ao acto acudiu o concelleiro de Benestar, Sergio García.

Os talleres realizáronse tanto nas instalacións do Centro Cívico municipal como nas da Casa do Oleiro de Buño. O obxectivo destas actividades foi «promover a saúde mental e física destes colectivos logo dun período marcado pola ausencia de contacto social e as consecuencias da covid-19», destacan desde o Concello

Sergio García manifestou a súa satisfacción co éxito da iniciativa, que «completou todas as prazas dispoñibles ás poucas horas de abrirse a convocatoria».