Clausurados os Talleres de Memoria de Lousame

1 minutes read

Algo máis de corenta veciños e veciñas de Lousame, todos eles maiores de 60 anos; participaron na festa de fin de curso da 20 edición dos Talleres de Memoria do Concello de Lousame, unha actividade gratuíta que busca mellorar a calidade de vida destas persoas través de actividades dirixidas a manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, o cálculo ou a linguaxe. E abofé que é efectiva, como amosaron sobre o escenario do auditorio da casa da cultura de Lousame. O acto estivo presidido pola concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, quen amosou a súa satisfacción por “poder comprobar de primeira man como este programa mellora a calidade de vida dos nosos maiores, exercitando a súa memoria pero tamén promovendo a xuntanza entre eles para recordar o que xa saben e seguir aprendendo cousas novas”. Os Talleres de Memoria de Lousame, que este ano cumpriron a súa vixésima edición, están organizados polo Concello de Lousame, que conta coa colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?