Co 40 % da poboación vacinada poderase reactivar o turismo, segundo o Goberno

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, segura que o turismo poderá reactivarse na primavera se se alcanza o obxectivo de que entre o 30% e o 40% da poboación en España estea vacinada contra o coronavirus. «O plan do Goberno é que na primavera estea vacinada o 30-40 % da poboación e entón estaremos en condicións de empezar a reabrir os nosos destinos, en liña co que estamos a traballar na Unión Europea e cunha decisión consensuada como o ano pasado», afirmou a titular de Turismo, nunha entrevista.


Maroto destacou o traballo que se está realizando coa Comisión Europea para desenvolver «instrumentos que garantan a mobilidade segura», como o certificado de vacinación. De feito, España levará a cabo unha proba piloto para probar o seu funcionamento, segundo avanzou a semana pasada a ministra. Ademais, mantivo que o plan de vacinación marcado polo Executivo estatal e comunitario para lograr un 70 % da poboación vacinada a finais de verán «está a cumprirse», o que lles permite avanzar «con optimismo de fronte ao verán».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha