“Co orzamento de Madrid e Barça, Lendoiro gañaría 50 ligas”


José María Caneda, o que foi presidente da SD Compostela na súa época dourada, está de actualidade esta semana polo duelo do conxunto santiagués e o Deportivo. O exmandatario pasouse polos micrófonos de COPE, repasou as súas vivencias na época na que ambos os clubs compartían a Primeira División e encomiou a figura de Lendoiro: “Co orzamento do Madrid e do Barcelona, non descende en 100 anos. E deses 100, gaña a liga en 50. Facía diabluras. Tiña un amigo que dicía que, con velos andar, Lendoiro xa sabía se era bo futbolista. Nin ao Dépor nin ao Compos valoróuselle no seu momento o grandes que foron. Aqueles xogadores… Canto valería hoxe Bebeto? 200 millóns. E Mauro Silva?”.