As festas do barrio carballés da Milagrosa arrincaron as 9 da noite deste venres cun nome propio, o do xornalista e escritor Manuel Rey Pan que foi o pregoeiro deste 2019, unha persoa natural deste barrio carballés, que conta cunha dilatada e recoñecida traxectoria profesional pese á súa xuventude. Tras a lectura do pregón, celebrouse a tradicional procesión das antorchas, que deu paso á primera gran verbena da fin de semana.
A fin de semana festiva completaráse do seguinte xeito:
Sábado, 31
– 09.30h: III Desafío Milagrosa. Proba e carreira de obstáculos organizada pola Asociación de Comerciantes, Hosteleiros e Profesionais do Barrio da Milagrosa de Carballo, a Asociación Cultural e Deportiva “A MILAGROSA” e o Concello de Carballo.
– 10.00h: Bombas de palenque e animación de rúa durante todo o día coa charanga O Santiaguiño.
– 14.00h: Tras a sesión vermú que ofrecerá a orquestra Anduriña, terá lugar unha sardiñada popular na pista polideportiva.
– 15.00h: Elaboración das alfombras florais que adornarán as diferentes rúas do barrio.
– 17.00h: Baixada de Carros de Bolas. Esta novidosa e orixinal actividade lúdica, que fará as delicias de pequenos/as e maiores, nace coa intención de recuperar algunhas das tradicións populares coas que noutrora se entretiñan os mozos/as do barrio.
– Pola noite haberá verbena coas orquestras Trébol e Anduriña.
Domingo, 1
– 12.30h: Misa solemne cantada pola Coral de Bergantiños. Durante a mañá, a charanga NBA será a encargada de animar as rúas coa súa música.
– A sesión vermú e a verbena estarán amenizadas pola orquestra Noche de Estrellas.
– 19.30h: Actuación do grupo de baile tradicional Caneca e Media, de Arume de Berdillo.