Coa chegada de novas doses entra en prioridade a vacinación de persoas de 50 a 55 anos


Intervención do presidente da Xunta.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que os cidadáns galegos de entre 50 e 55 anos comezarán a recibir a vacina contra a covid-19 a partir da próxima semana, sinalando que este colectivo recibirá a vacina de AstraZeneca, da que Galicia recibirá 30.000 doses adicionais a finais desta semana. Deste xeito, este colectivo unirase á vacinación que xa están a recibir os maiores de 80 anos, os docentes menores de 55 anos, axentes de Policía Nacional, bombeiros, funcionarios de prisións, persoal dos servizos de axuda ao fogar, aos que proximamente se sumarán axentes da Garda Civil e persoal non docente das institucións educativas.