Xa chegou o mes de setembro, e con el, o momento de voltar á rutina e retomar aquelas actividades das que se puido desconectar durante os meses de verán.
Tamén en Afaber chegou a famosa “volta ao cole”, por iso a Asociación publicou finalmente o cartel dos obradoiros de memoria e estimulación cognitiva que se impartirán no local da entidade (ubicada en Lugar Mirón nº24, en Bértoa).
Este curso contará de novo con tres sesións semanais de 1 hora de duración que se desenvolverán os luns en horario de mañá e os mércores en horario de tarde.
As prazas son limitadas, non quedes sen a túa!
Paralelamente, Afaber retomará neste mes de setembro os obradoiros de memoria impartidos na Asociación de Veciños Santa María de Traba (Coristanco) e na Asociación Cultural Mestra Carmen Cancela (A Brea, Carballo). Da mesma maneira retomaranse nas parroquias de Anos, Borneiro, Cesullas, Nantón, O Esto e Riobó do Concello de Cabana de Bergantiños no mes de outubro.
Ademais, este ano ten comezo un novo obradoiro de memoria na Asociación de Veciños Santiago Apóstol de Sísamo (Carballo).
Para máis información e inscricións poden poñerse en contacto mediante os números de teléfono 981 75 85 45 e 625 980 691.
23