Cociña e produtos galegos de calidade no Fórum Gastronómic de Barcelona

1 minutes read
  • O deputado provincial de Turismo de A Coruña, Xosé Regueira, participou na inauguración da nova edición da feira.
  • O cociñeiro Adrián Felipez de «Miga» abriu o programa en representación do xeodestino da Costa da Morte, Fernando Agrasar no espazo «Agora» oficial do Fórum.

No acto inaugural, a comitiva visitou os distintos espazos da feira na que a área de Turismo da Deputación da Coruña ten instalado un stand en que se desenvolverán as distintas propostas do programa que inclúe, entre outras iniciativas, degustacións e showcooking.

A cociña de Adrián Felipez de «Miga», en representación do xeodestino turístico da Costa da Morte, inaugurou da área de Turismo da Deputación da Coruña transportando a Barcelona o sabor de Carballo e a Costa da Morte cunha proposta de guiso de polbo con patacas de Coristanco, Menestra de vexetais de costa e algas e prensada de cacheira de porco celta e sopa de verduras.

Polo Fórum pasarán nestes días no programa da Deputación da Coruña tamén Fernando Agrasar das Garzas (Malpica) e Salitre (A Coruña), Beatriz Sotelo de Illas Gabeiras (Ferrol), Diego Mato de Casa Nené (Arzúa), Daniel López do Restaurante Camiño do Inglés (Ferrol), Lolo Mosteiro da Artesa da Moza Crecha (Betanzos), Kike Piñeiro da Horta do Obradoiro (Compostela), Iván Sande e Miguel Calvero do Restaurante Vila de Muros (Muros), Montse Santos de Casa do Tella e Rosalía (Muros), Pepe Senande de A Muradana (Muros) e produtos como os queixos de Arzúa coas Queixerías Barral e Galmesano, Aceite Olivar de Moura de Vedra e empanadas de Carballo da empresa Costumes.