COGAMI crea unha unidade de apoio ás persoas que traballan en centros especiais de emprego

COGAMI crea unha unidade de apoio para acompañar, asesorar e prestar atención ás persoas con discapacidade que traballan en centros especiais de emprego, co fin de favorecerlles tanto a súa incorporación como tamén o mantemento dos seus postos de traballo.

Dende que iniciou, esta Unidade atendeu un total de sesenta e cinco persoas traballadoras, tanto dos centros especiais de emprego que integran COGAMI Empresarial como tamén doutros que son alleos á Organización.

Financiada polo Fondo Social Europeo, a través dunha convocatoria da Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES), esta unidade está formada por unha psicóloga e unha traballadora social, ademais de contar co apoio da área de emprego de COGAMI. Ata esta unidade deriváronse necesidades de tipoloxía diversa, como apoio psicolóxico para afrontar preocupacións persoais e o afrontamento de situacións de estrés.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha