COGAMI desenvolve 39 programas do 0,7% do IRPF que benefician a máis de 3.000 persoas

4 minutes read

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e as súas entidades membro están a desenvolver un total de 39 programas financiados a través dos fondos do 0,7% do IRPF, procedentes das persoas contribuíntes que marcaron o recadro 106 de Fins Sociais na declaración da renda, fondos que xestiona a Xunta de Galicia. Estas iniciativas están a beneficiar durante este ano a máis de 3.000 persoas con discapacidade e ás súas familias en toda Galicia, especialmente en contornos rurais.

Os proxectos organízanse en cinco liñas estratéxicas: apoio ás familias, inclusión sociolaboral, promoción da autonomía persoal, mellora de infraestruturas e igualdade de xénero.

No ámbito do apoio familiar, destaca o programa In-Itinere, desenvolvido no centro de atención diúrna de COGAMI en Fingoi (Lugo), dirixido a familias en situacións de especial vulnerabilidade derivadas da discapacidade.

En inclusión sociolaboral, COGAMI e ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia) impulsan o Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego, que ofrece orientación e acompañamento personalizado para facilitar a inserción laboral e a autonomía económica.

A promoción da autonomía persoal concrétase en programas de atención especializada, atención integral, asesoramento social, atención temperá, transporte adaptado, actividades de lecer, cultura e deporte inclusivo, así como servizos de rehabilitación e apoio terapéutico. Estes servizos desenvólvense tanto desde COGAMI como a través das súas entidades membro distribuídas por todo o territorio galego.

Neste eido, desenvólvense actividades de físico-rehabilitadoras, de atención psicolóxica e apoio social:

  • AFFOU (Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica de Ourense),
  • AGFQ (Asociación Galega de Fibrose Quística),
  • AGL (Asociación Galega de Linfedema)
  • GRUMICO (Grupo de Persoas con Discapacidade de A Coruña)

Programa de atención integral que favorece a recuperación funcional potenciando a autonomía na vida diaria.

  • ADAPTA (Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas do Condado e Paradanta)
  • AVEMPO (Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra)
  • AMIZADE (Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca de Pontevedra.

Promoción da igualdade de oportunidades na vida social e no acceso ao emprego.

  • ACEM Coruña
  • ACEM Santiago
  • ASOTRAME (Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea)

Apoio psicosocial e asesoramento individualizado.

  • Entidades de Loita Contra as Enfermidades do Ril: Alcer Coruña, Alcer Ourense e Alcer Pontevedra.
  • ACCU (Asociación de Enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa).

Atención Temperá dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos de desenvolvemento ou discapacidade recoñecida.

  • VONTADE (Asociación de Persoas con Discapacidade de Baixo Miño).
  • MiISELA (Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca de Noia e Muros).

Lecer, Cultura e Deportes Inclusivos que promoven a participación activa en actividades culturais e deportivas

  • ASEM GALICIA (Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares).
  • ÁMBAR (Asociación das Persoas con Diversidade Funcional na comarca da Barbanza).

Orientación, asesoramento e terapias como fisioterapia, terapia ocupacional ou psicoloxía.

  • ASEM Galicia (Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares).
  • ASEARPO (Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra)
  • ConArtrite Santiago.

Transporte Adaptado, servizo que reforza a mobilidade mediante a contratación de condutores ou condutoras e a ampliación das rutas que garanten o acceso ás persoas usuarias dos centros de atención diúrna de COGAMI.

Na liña de mellora de infraestruturas, realizáronse actuacións incluíndo obras de accesibilidade, eficiencia enerxética, instalación de enerxías renovables e adquisición de equipamento para talleres, rehabilitación e servizos dixitais. Ademais de levárense a cabo nos centros de atención diúrna de COGAMI en Mos, Monte Porreiro (Pontevedra), Fingoi (Lugo), Medelo (Silleda) e no CEGADI, en Santiago,tamén se realizaron nas entidades:

  • A Mariña COGAMI, mellorou as instalacións do centro de Palmeiro (Xove).
  • ACADAR, o proxecto ACADAR 3.0 centrado na mellora dos recursos dixitais ofrece unha atención de calidade a mulleres e nenas con discapacidade.
  • ACEM Santiago, engadiu salas multifuncionais para atención e actividades.
  • ADAPTA de Ponteareas adquiriu un vehículo adaptado para o seu centro.
  • AGORA de Monforte de Lemos dotou o seu centro de día de material para terapias e reformou un aseo.
  • AIXIÑA de Ourense instalou enerxía solar fotovoltaica no seu centro integral de servizos.
  • AMARAI de Arzúa e Terras de Melide mellorou o servizo de transporte adaptado.
  • AMBAR da comarca da Barbanza fixo obras de conservación e mantemento da fachada do seu centro.
  • AODEMPER adquiriu material informático.
  • ASPAMITE de Teo dotouse de material de rehabilitación.
  • ÍNTEGRO de Costa da Morte realizou obras de mellora no seu centro.
  • Párkinson Galicia Coruña co proxecto DixiPark, centrado na atención integral a persoas con párkinson.
  • VONTADE, con obras de reparación do seu centro.

No eido da igualdade de xénero, COGAMI e ACADAR levan a cabo o programa Activa-das, que busca apoderar ás mulleres con discapacidade mediante formación, acompañamento e creación de espazos seguros para fomentar a súa autonomía persoal e social.

Con este conxunto de accións, COGAMI e as súas entidades membro reafirman o seu compromiso coa inclusión, a equidade e os dereitos das persoas con discapacidade e familias galegas, apostando por un modelo máis participativo, accesible e centrado nas persoas.