- As accións centraranse en catro áreas: xestión de residuos, coidado de espazos verdes, accesibilidade universal e a comunicación nestes eidos
O alcalde de Corcubión, Manuel Ínsua, e o conselleiro delegado de Galega de Economía Social (GES), Ramón Sestayo, asinaron un convenio de colaboración este martes para que un equipo técnico conformado por persoas vinculadas aos centros especiais de emprego de COGAMI asesoren ao goberno local en sostibilidade e accesibilidade, mellorando así a calidade de vida dos veciños do municipio.
Este servizo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca crear e consolidar un equipo técnico que xere un valor engadido ás actividades que realiza de forma habitual COGAMI Empresarial. Nesta ocasión, haberá catro áreas de accións: xestión de residuos, coidado de espazos verdes, accesibilidade universal e, dende unha perspectiva transversal, comunicación e sensibilización nestes eidos.
Ademais de Corcubión, este asesoramento levarase a cabo noutros dous concellos máis, non superaron ningún deles os 35.000 habitantes.