COGAMI inicia a formación en empresas de A Coruña do programa ‘Un a un’ da Fundación ONCE


COGAMI comeza a preparación laboral en empresas das cinco persoas mozas que se formaron no curso de controlador de accesos, cuxa parte teórica estivo impartindo nas instalacións que ten a Confederación en A Coruña.

As empresas nas que se realizará esta formación no posto de traballo son CLECE VITAM S.A. de Oleiros, CLECE S.A. de Betanzos, FEPAS de Oleiros e Miño e FUNDACIÓN EDUCATIVA ACI de A Coruña, nas que o alumnado terá que levar á práctica todos os coñecementos adquiridos durante as clases teóricas. 

A formación no posto de traballo contará cun total de 100 horas de duración, tendo como data de finalizando o 23 de maio. Está enmarcada no programa `Un a un´ de reforzo da empregabilidade de persoas mozas con discapacidade que financia a Fundación ONCE, co fin de crear oportunidades laborais para as mozas e mozos con discapacidade.

O alumnado inscrito a este curso de controlador de accesos ten entre 20 e 28 anos, procede dos concellos de A Coruña e Betanzos e entrou neste programa co fin de mellorar a súa empregabilidade.

A través de formacións como esta, COGAMI contribúe na preparación e cualificación de persoas con discapacidade desempregadas da comarca de A Coruña, pretendendo mellorar as súas posibilidades no mercado laboral, como así amosan os datos do ano pasado que reflicten que o 31% das persoas que se formaron con COGAMI, lograron atopar traballo.