COGAMI inicia curso de controlador de accesos dirixido a persoas con discapacidade

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) pon en marcha un curso de formación ocupacional nas instalacións que ten en A Coruña (edificio A Milagrosa, Avda. de Cádiz, nº1, 1º andar, local 2) no que se están a formar como controladoras de accesos 5 persoas con discapacidade, 2 mulleres e 3 homes.

Financiado pola Fundación ONCE e enmarcado no programa `Un a un´ de reforzo da empregabilidade de persoas mozas con discapacidade, este curso pretende dar resposta a unha demanda real de profesionais de control de accesos, ao mesmo tempo que se mellora a oportunidade de empregabilidade destas cinco persoas, todas elas apuntadas no Servizo de Orientación e Intermediación Laboral de COGAMI como demandantes de emprego e que arestora conta con 195 persoas menores de 30 anos inscritas na bolsa de emprego.

Procedentes dos concellos de A Coruña e Betanzos e con idades comprendidas entre os 20 e os 28 anos, tres persoas que forman parte deste curso chegan sen experiencia laboral previa e o resto con experiencia en sectores como o comercio e producción, automoción, reparto, almacén, expendedor de combustible. Esta oportunidade formativa supón, polo tanto, unha reciclaxe profesional como unha primeira oportunidade  laboral.

Finalizando o 23 de maio, o curso conta cunha duración de 265 horas distribuídas en módulos como control de accesos, lexislación sobre control de accesos, primeiros auxilios e protección contra incendios, calidade e atención ao cliente, hixiene e seguridade no traballo, novas tecnoloxías e informática. Ademais, disporá de 100 horas de formación nun posto de traballo en empresas da zona que colaboran con COGAMI na inclusión de persoas con discapacidade.

A través de formacións como esta, COGAMI contribúe preparación e cualificación de persoas con discapacidade desempregadas da comarca de A Coruña, pretendendo mellorar as súas posibilidades no mercado laboral, como así amosan os datos do ano pasado que reflicten que o 31% das persoas que se formaron con COGAMI, lograron atopar traballo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha