26
COGAMI continúa coa campaña lanzada este ano para sensibilizar sobre a discapacidade e visibilizar situacións que marcan o incumprimento de dereitos fundamentais das persoas. No mes de abril, coincidindo coa data que conmemora o Día Mundial do Paciente, visibiliza a discapacidade orgánica e insta á Xunta de Galicia a que poña en marcha o novo baremo para obter o recoñecemento do grao de discapacidade. “A discapacidade orgánica é unha das máis invisibilizadas porque a enfermidade non se ve, e isto ocasiónalles maiores problemáticas ás persoas afectadas, como a falta de acceso e perda de dereitos”, explica Laura Quintas, coordinadora da área Sociosanitaria de COGAMI.