Cogami reclama máis dereitos no Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade

No Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade que se celebra este 3 de decembro, COGAMI e as súas 56 entidades membras reclaman dereitos para un grupo social que supón o 9% da poboación española, é dicir, nun de cada cinco fogares reside unha persoa con discapacidade, segundo datos recollidos na enquisa sobre discapacidade, autonomía persoal e situacións de dependencia publicada polo Instituto Nacional de Estadística. Este estudo recolle tamén que Galicia é a Comunidade coa maior taxa de discapacidade sendo 116 persoas por mil habitantes. Polo tanto, dende COGAMI e o seu movemento asociativo reclaman que se garantan mecanismos sólidos e eficaces de vixilancia dos dereitos, para que non sigan producíndose discriminacións por razón de discapacidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha