Colaboración institucional na humanización do núcleo urbano de Ordes


A Xunta de Galicia e o Concello de Ordes colaboraron na humanización do núcleo urbano da localidade cun orzamento de máis de 450.000 euros, tal e como explicou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante a visita que realizou ás actuacións levadas a cabo nas rúas Mediodía e Víctor González Faya. As obras, financiadas nun 70% pola Xunta e nun 30% polo Concello, consistiron na renovación das beirarrúas con baldosa de formigón vibrado con bordo de granito biselado e dos carrís e aparcadoiros con aglomerado en quente. A maiores, tamén se levou a cabo a reposición das redes de pluviais e abastecemento así como do tubo de PVC para a conexión da rede de saneamento, a instalación de dúas fontes de auga, sinalización vertical e repintado.