Máis de medio millón de persoas colapsaron a web de peticións para que Gran Bretaña non marche da Unión Europea. En total, unhas 800.000 firmas pediron a cancelación do «Brexit» despois do discurso televisado de Theresa May, primeira ministra do Reino Unido, no que culpaba ós deputados do bloqueo da saída da UE; aínda que tamén dixo que entendía que os cidadáns estiveran cansos.
Segundo unha enquisa da cadea Sky News, o 90% dos cidadáns británicos están fartos desta situación, e moitos deles vanse manifestar este sábado en Londres para pedir un segundo referendo.