Colapso na web do Parlamento británico para que se cancele o «Brexit»

Máis de medio millón de persoas colapsaron a web de peticións para que Gran Bretaña non marche da Unión Europea. En total, unhas 800.000 firmas pediron a cancelación do «Brexit» despois do discurso televisado de Theresa May, primeira ministra do Reino Unido, no que culpaba ós deputados do bloqueo da saída da UE; aínda que tamén dixo que entendía que os cidadáns estiveran cansos.

Segundo unha enquisa da cadea Sky News, o 90% dos cidadáns británicos están fartos desta situación, e moitos deles vanse manifestar este sábado en Londres para pedir un segundo referendo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha