Colectivos de persoas con diversidade funcional desfrutan no Brión Inclúe

Preto de 140 persoas integrantes de seis colectivos de persoas con diversidade funcional na comarca participan na primeira actuación do festival Brión Inclúe, unha iniciativa dirixida a favorecer a inclusión real de persoas con discapacidade a través da cultura. Está organizada polo Concello de Brión, xestionada por Culturactiva S. Coop. Galega e subvencionada pola Deputación da Coruña, asistiron tamén persoas de Dodro, Noia, Santiago, Teo, Rois e Val do Dubra. A programación rematará este domingo a partir das 12.00 horas, celebrarase Sesión Vermú presentada por Andrea Bugallo que contará coas actuacións de Iguatuke, Minguante e Sophie Simonds.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha