Coleo Recycling, reciclaxe téxtil, creará 70 empregos no polígono da Laracha

1 minutes read

A compañía adquiriu dúas parcelas que suman máis de 12.000 m2 no parque empresarial larachés co obxectivo de ampliar as súas instalacións, para o que construirá unha primeira nave de aproximadamente 3.600 metros cadrados, na que prevé empregar, de forma directa, a 70 persoas, a maiores das 36 coas que xa conta, actualmente, en Pocomaco.

A previsión, segundo precisou o seu responsable, Marc Puyuelo, será chegar a xestionar, de inicio, 5.000 toneladas de residuo téxtil na planta da Laracha para alcanzar, a medio prazo, as 10.000 toneladas.

Segundo informaron, a empresa conta cun proceso completamente circular, no que as pezas que son recicladas acaban converténdose en teas ou fíos coas que confeccionar novas pezas, reducindo así o elevado residuo téxtil actual.

O proxecto intégrase, indicaron desde Coleo, nunha rede de plantas europea na que, co punto de partida en Galicia, Coleo prevé converter a reciclaxe téxtil nun proceso máis eficiente e sostible, tendo instalacións en distintos países europeos.

A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico (SEA)”, Beatriz Sestayo, manifestou o seu interese por “a economía circular” e puxo en valor a importancia de sumar aos polígonos de “SEA” a empresas comprometidas co medio ambiente, con responsabilidade social e xeradoras de emprego e dinamismo económico.

Neste sentido, o responsable da empresa expuxo que máis do 90% dos traballadores de Coleo, que está cualificado como Centro Especial de Emprego, son persoas cun grao de discapacidade superior ao 33%, nunhas cifras que a compañía informou que prevé manter nas súas novas instalacións.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?