Colexio Franciscanas | 125 anos ao servizo dos coruñeses

1 minutes read

Este sábado tivo lugar o acto de celebración do 125 aniversario do colexio concertado Sagrado Corazón Franciscanas, no que participou o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, quen na súa intervención felicitou a toda a súa comunidade educativa pola súa capacidade de superación constante e subliñou que “A Coruña creza en entidades centenarias é un síntoma de que é unha cidade consolidada, con soleira, rica en tradicións e respectuosa co seu tecido social”. O día de San Fermín de 1897 abría as súas portas o colexio das Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor. Segundo contan as crónicas, por aquel entón 1.400 traballadoras na súa inmensa maioría mulleres da Fábrica de Tabacos- necesitaban con urxencia un centro educativo no que educar aos seus fillos mentres elas traballaban nunha das industrias máis potentes da cidade e atoparon nas Franciscanas as aliadas que necesitaban.125 anos despois o proxecto educativo das Franciscanas segue máis vivo ca nunca baseado na súa calidade, na atención personalizada e na experiencia dos seus equipos docentes.