Colisión contra un muro en Ponteceso

1 minutes read

Escasos minutos despois das 11 da mañán deste mércores, o 112 Galicia tivo coñecemento dun accidente de tráfico contra o muro dunha vivenda do lugar de Bardaio, en Ponteceso.

Foi a propia persoa propietaria do domicilio quen se puxo en contacto co 112 Galicia para alertar do sinistro, ocorrido no punto quilométrico 2 da estrada DP-6805, e solicitar asistencia médica para o punto.

Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia déuselle aviso ao 061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Carballo e ao GES da localidade. Estes últimos confirmaron, desde o lugar, que a persoa ferida ía ser trasladada.