Colisionan un coche e un tractor en Muxía

1 minutes read

Sobre as 18:30 horas deste mércores, o 112 Galicia recibía a chamada dun alertante que informaba dun accidente entre un tractor e un coche, na praia de Nemiña, no concello de Muxía.

Ata o lugar  desprazáronse decontado os servizos sanitarios de urxencia, os axentes da Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil. Así mesmo, foron informados polo 112 Galicia os axentes da Policía Local e os Bombeiros de Cee, que nada mais chegar ao punto, descartaron o uso do material de excarceración.

Segundo se lle informou ao 112 Galicia, o condutor da máquina agrícola foi trasladado polo persoal sanitario ata o Hospital Virxe da Xunqueira e a condutora do turismo foi atendida no mesmo lugar polos profesionais sanitarios.