Colocada a primeira estrutura que conecta os barrios coruñeses de Matogrande e Xuxán

1 minutes read

O Concello da Coruña comezou a creación da primeira conexión peonil entre os barrios de Matrogrande e Xuxán. Os traballos para a execución desta estrutura contan cun orzamento de 1,3 millóns de euros (IVE incluído) e estarán finalizados no último trimestre do 2023. A actuación desenvolverase en horario nocturno para evitar alteracións no tráfico ferroviario. O horario de traballo será de 00.00 a 05.00 horas durante as próximas semanas, nas que se colocarán as vigas prefabricadas para a prolongación do túnel situado xunto á rúa Sebastián Martínez Risco, á altura do colexio Liceo La Paz.

A nova infraestrutura, composta de vigas prefabricadas, será de 70 metros de longo e os apoios sobre os que se asentará xa están executados. Trátase de vigas en doble ‘T’ de 1,5 metros de canto formigón pretensado sobre os que se executará unha lousa que permita o tránsito peonil entre ambos os barrios. Unha vez asentada a lousa crearase un espazo verde para uso e gozo da cidadanía. Ademais de ser o primeiro paso peonil habilitado entre Xuxán e Matogrande, este corredor permitirá reducir a alteración sonora do tren en ambos os barrios.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?