Coloquio sobre o dano cerebral en Camariñas con FEGADACE

PIXABAY

  • Será nas Escolas Unitarias de Camelle, ás 11:00 horas, o vindeiro mércores 20 de outubro

O Concello de Camariñas, a través do departamento de Servizos Sociais, ofrecerá o vindeiro mércores 20 de outubro un faladoiro sobre o dano cerebral en colaboración coa Federación Galega de Dano Cerebral-FEGADACE. Será nas Escolas Unitarias de Camelle ás 11:00 horas.

Trataranse as diferentes causas desta doenza, entre as que destacan os ICTUS ou os accidentes de tráfico; a súa prevención e os modelos de atención e rehabilitación. Será necesario inscribirse previamente no 981 73 70 04 ou no 653 25 92 82.