Cometen unha vulneración do dereito medioambiental retirando o veleiro aparecido en Muros

2 minutes read

O 9 de novembro apareceu varado na praia de Area Maior, ubicada no municipio de Muros, un veleiro de bandeira eslovaca que sufriu un naufraxio en augas dos Estados Unidos de América. As primeiras hipóteses apuntaban a que o barco estivo á deriva durante semanas nas que cruzou o océano Atlántico até tocar terra na costa galega empuxado polos temporais costeiros que azoutaron o océano durante o último mes.

Este venres comezaron os traballos para a retirada do veleiro, mais para levalos empregáronse diversas máquinas, entre elas unha escavadora, que pasou por riba do complexo dunar, un lugar que conta coa denominación de ‘Espazo natural protexido’, xa que é zona de aniñadoiro da píllara e varias especies vexetais protexidas que medran única e exclusivamente nesas dunas. Este feito constitúe unha vulneración do dereito medioambiental. En consecuencia, a policía local foi enviada para levantar acta e recadar a información. Ademais, unha patrulla da Garda Civil e outra do Seprona desprazáronse á praia para realizar as investigacións pertinentes.

Desde o Concello de Muros aseveran que non lles consta ningunha autorización nin comunicación por escrito, aínda que ao ser na praia non lle compete dar eses permisos. Aínda así, María Lago, alcaldesa da localidade asegura que “a todas vistas é unha manobra que non sería autorizábel”. Ademais, afirma que o que está a acontecer en Area Maior é “moi grave” e indica que sabe que hai asociacións ecoloxistas preocupadas polos acontecementos. Por outro lado, o mandataria de Muros afirma estar “xa en contacto cos seus servizos xurídicos para dar os seguintes pasos necesarios para á protección da contorna” e subliña que “o Concello se vai implicar e vai ser o primeiro interesado en defender os intereses de toda a veciñanza”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?