45
O comezo da campaña da centola é todo un acontecemento, no Grove a súa lonxa é a que máis diñeiro factura con este marisco. E os prezos deste luns fan pensar en que esta vai ser unha boa tempada. O primeiro lote levouno a 29,50 un restaurante da vila. A campaña durará varios meses. Pero o seu punto forte é dende agora ata o día de Reis. Nesta época é cando máis se paga o marisco. Todo parecen boas noticias pero os máis veteranos prefiren non confiarse demasiado. Porque este ano houbo moito polbo. E os polbos comen moita centola. Haberá que agardar a ver se hai tanta como se cre.
Tamén comezaba este luns a campaña do boi. Pero mentres dure a centola, os mariñeiros non empezarán con el.