22
Nestas datas, como vén sendo habitual nos últimos anos, o Concello de Zas acaba de poñer en marcha a posta a punto de máis de 100 quilómetros da rede viaria de titularidade municipal composta por camiños e pistas asfaltadas e que se estenden ao longo das dezaseis parroquias do municipio.
A campaña consiste na limpeza integral das marxes viarias e coa que se pretende, por unha banda, mellorar a visibilidade e seguridade nas estradas e, por outra, limpar as canles de desaugue das augas pluviais que acumulan restos arrastrados das choivas dos meses pasados. A inversión total nestas tarefas é de 153.156,33 euros.