Comezou a campaña de vacinación ao sector da pesca


O Sergas confirmou este xoves que o Instituto Social da Mariña xa lle comezou a facilitar os datos das tripulacións para poder comezar a inmunizar a un colectivo considerado vulnerable. Estase empregando a vacina de Janssen, dado que precisa unha soa dose, algo que facilita a vacinación das frotas de altura, que pasan ata 45 días en alta mar. No caso da frota de gran altura, como a do Gran Sol as campañas poden ser ata cinco meses. O sector lembra que as súas condicións de traballo supoñen un risco extra porque non poden gardar as distancias de seguridade. O conselleiro de Sanidade confirmaba que a campaña de vacinación continúa en Burela, cun cento de mariñeiros convocados para este venres.