Comeza a campaña de vacinación contra a gripe

Archivo.

Este luns foi a quenda dos sanitarios e o vindeiro luns vaise estender a maiores de 65 anos e persoal de residencias. A partir do 25 de outubro será a quenda das persoas de 65 e máis anos e persoas en centros ou residencias. Desde o 15 de novembro vacinaranse ás persoas de 60 a 64 anos, maiores de 60 con patoloxías de risco, embarazadas e prematuros de ata dous anos e persoal de servizos esenciais e farmacias. Por último, desde o 29 de novembro continuarase co resto da poboación diana sen vacinar e conviventes con persoas de risco. Este ano en Galicia vanse adquirir máis de 885.00 doses, que serán distribuidas nos máis de 900 puntos de vacinación despregados, entre centros de saúde, hospitais e residencias.