Comeza a campaña ‘Subliña o bo trato, risca o maltrato’, nos centros educativos

1 minutes read

Este martes comeza a campaña Subliña o bo trato, risca o maltrato en varios institutos de Galicia para promover e achegar ferramentas útiles, que doten á mocidade dos recursos precisos para relacionarse dunha maneira igualitaria, libre de todo tipo de discriminación e violencias.

Nesta campaña, que se levará a cabo en oito institutos galegos e chegará a 500 alumnos, realizarase unha acción formativa e impulsaranse estratexias de responsabilidade afectiva e o coidado dos vínculos. A formación, impartida polo servizo de Quérote + da Consellería de Política Social e Xuventude, realizase no marco dos obradoiros sobre relacións afectivo-sexuais que se levan a cabo nos institutos.

Traballarase coa mocidade para recoñecer e respectar as diferenzas dos demais, para comunicar de forma asertiva o que senten, para querer en igualdade ou para usar contornos virtuais de xeito coidadoso e con responsabilidade afectiva. Cómpre sinalar que esta campaña está enmarcada nas estratexias do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, punto de inflexión na actuación dos poderes públicos para a erradicación da violencia de xénero en todas as súas formas.