Comeza a época de caza de corzo e xabaril

No caso do período hábil de caza do xabaril esténdese ata o 28 de febreiro de 2021, o que supón manter practicamente sen cambios o do ano pasado, cando xa se acordara co sector ampliar en case un mes a tempada do xabaril ante a sobreabundancia da especie. A captura deste animal silvestre poderá realizarse os xoves, sábados, domingos e festivos en tecores ou en zonas libres, onde están permitidas as modalidades de batida, montería e espera.

No caso do corzo, permítese a captura nos terreos de réxime cinexético especial (tecor) todos os días hábiles na modalidade de axexo, mentres que os sábados, domingos e festivos, en batida e montería; mentres que nos terreos de réxime cinexético común (zonas libres) permítese a caza de corzo todos os días hábiles na modalidade de axexo, mentres que a modalidade de batida e montería só poderá practicarse os sábados.

Asemade, este fin de semana tamén se inicia o período hábil para algunhas especies de caza menor na media veda, como o paspallás, a pomba torcaz e a rula común, en exclusiva para os tecores da antiga Lagoa de Antela en Ourense.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha