Comeza a festa en España tras o fin do estado de alarma


España enterrou catorce meses de estado de alarma. En Barcelona, miles de persoas abarrotaron rúas e prazas, nun ambiente de festa. En Madrid, a Policía tivo que desaloxar a Porta do Sol. A medianoite deste sábado viviuse como unha Noitevella adiantada en moitos lugares, a pesar de que a pandemia, que deixou preto de 80.000 falecidos, aínda está lonxe de desaparecer. España inicia así a desescalada, a pesar de que a situación epidemiolóxica inquieta aos expertos. As curvas de contaxios e hospitalizacións apuntan claramente á baixa. Con todo, aínda hai oito comunidades autónomas, entre elas Madrid, Cataluña, País Vasco e Aragón nas que a incidencia da pandemia segue sendo moi elevada, con máis de 250 casos por cada cen mil habitantes. O toque de queda, só se mantén en Cataluña, Comunidade Valenciana e Baleares. O resto das restricións serán máis ou menos importantes dependendo de cada comunidade autónoma.